Quantcast
Channel: accións
Viewing all articles
Browse latest Browse all 9

#LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos.

$
0
0
A acción #LibresDeGlifosato consiste en presentar mocións nos concellos para paralizar o uso de herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos.
É  unha campaña lanzada dende a paraugas fumigacionsNON.org 

 

Que é o glifosato?
O glifosato  é un composto que aparece en moitas marcas comerciais de herbicidas que  se están a usar de forma bastante común en lugares públicos para  realizar tarefas de mantemento, limpeza de malas herbas e prevención de  incendios.
infografiaWEBgalego
Detectouse glifosato no aire, a chuvia e mesmo nos nosos corpos. É moi soluble en auga e persistente no chan. Contamina os acuíferos, é tóxico para a fauna acuática, os  animais domésticos ou o gando, e esparéxese sen control polo subsolo.
Existen estudos científicos que relacionan o uso do glifosato con afeccións e enfermidades. Entre os efectos adversos deste principio activo describíronse toxicidade subaguda e crónica, danos xenéticos, trastornos reprodutivos, aumento da frecuencia de anomalías  espermáticas, e carcinogénesis.
Ademais, cada preparado de herbicida que contén glifosato  vén acompañado doutras substancias que facilitan a súa absorción e que  multiplican a súa toxicidade. Entre estes ingredientes están o N-nitroso glifosato que, como outros compostos nitroxenados, é canceríxeno, e o formaldehido, outro carcinóxeno coñecido que se forma durante a descomposición do glifosato.
Recentemente a International Agency for Research on Cancer pertencente á Organización Mundial da Saúde incluíu como probables carcinóxeno a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o glifosato: http://monographs.iarc.fr/ENG/Classification/
+ información e artigos sobre o glifosato en https://titanpad.com/glifosatoINFO
Este herbicida no selectivo de amplio espectro deixouse de usar en moitos municipios do estado español.  Países veciños como Francia estudan mesmo prohibir a súa venda a particulares.
– En Castela e León, recóllese a Solicitude do Procurador do Común de Castela e León á Consellaría de Medio e Fomento pola Desconformidade coa utilización do glifosato como herbicida na limpeza de estradas (Expediente 20131871)
–  A Deputación de Ávila evítao no tratamento de estradas situadas en  espazos naturais, a petición específica de decenas de concellos que non  utilizan herbicidas en ningún parque nin espazo público. Mesmo o  Concello de Las Navas del Marqués deixou de usar glifosato de xeito total polo “risco que supón para a saúde pública”.
– Na Comunidade de Madrid decenas de municipios como o de Venturada ou o de Navalafuente non empregan glifosato en parques e xardíns ou zonas comúns,
– Na Comunidade Canaria, os municipios de Buenavista, o Rosario, Los Tilos, El Tanque e Santiago do Teide xa se declararon municipios libres de herbicidas químicos.
En Galicia concellos como Ames (A Coruña) ou Ponteareas (Pontevedra) declaráronse Libres de herbicidas químicos.
– Recentemente o pleno do Concello de Logroño aprobou a Moción sobre o uso do glifosato. http://linkis.com/cambialogrono.org/jUiDo

 

Ti tamén podes pedir ao teu concello que deixe de usar glifosato en espazos públicos.
Descarga os documentos necesarios:

manual galego

libresdeglifosato@gmail.com

#LibresDeGlifosato.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 9

Latest Images